A labialización é un cambio fonético asimilatorio ou disimilatorio polo cal un fonema ou son despraza o seu punto de articulación ata a rexión labial.
Exemplos
- No galego popular a labialización dáse en casos como *lovar (levar), *somana (semana), *formento (fermento), *romedio (remedio).
- No español popular a velarización é unha tendencia disimilatoria que afecta ás consoantes velares ante vogal labial: aguja > abuja, aguzado > abuzado (México).
- Nas linguas uto-aztecas a consoante labio-velar kw do proto-utoazteca (PÚA) labializa frecuentemente:
Glosa |
proto-UA |
Mayo |
Papago |
Náhuatl
|
'comer' |
*kwa'-(e)a |
bwa'ye |
kou'a |
kwa
|
'aguia' |
*kwa-hu- |
|
ba´ag |
kwa-w-
|
'nome' |
*tekwa |
tewa |
|
to-ka
|
Como se pode ver, o mayo labializa sempre, o papago só en certos contextos e o náhuatl non labializa nunca.