La fe de Manuela é un dúo musical galego composto por Raúl Reina e Abel Montoto.
Traxectoria
Raúl Fernández Reina, nado en Madrid de familia luguesa, como Abel Montoto, do Corpiño[1] formáronse respectivamente nas actuacións das orquestras de música lixeira, onde traballaron diversos anos. Montoto foi un dos impulsores da orquestra Nebraska e integrou SL América.[1] Reina formou parte das orquestras Bulevard, Ledicia, Pacífico e a partir de 2006 foi o cantante principal da Charlestong Big Band. Despois fichou por Marimba e logo, en 2009, pola Solara 2010[2]. En 2008 Raúl e Abel fundan o grupo Hevel e Rayel, co que sacan o seu primeiro álbum, cantado en galego.
En 2011 mudan o nome polo de La fe de Manuela. Este nome débenllo á confianza que unha tía de Abel, de nome Manuela, tiña en que chegarían lonxe[3]. Con este nome prepararon un segundo en castelán en 2011, onde estaba incluída a peza, Como yo, interpretada por eles e composta polo seu produtor, Ernesto Teruel, escollida como a canción oficial da Volta a España 2011.
Discografía
- Move, move (2008).
- Rompecabezas (previsto para 2011).
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Ecos dezanos para la serpiente multicolor, Faro de Vigo, 1/7/2011.
- ↑ Raúl Reina ficha por orquesta SOLARA 2010 Arquivado 16/02/2010, en Wayback Machine., Orquestas y fiestas, blog do mundo das orquestras, 2009.
- ↑ Dos "curritos de toda la vida" para la canción de la Vuelta, El País, 31/08/2011.
Véxase tamén