Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
La Voz.
La Voz foi un xornal que se editou en Nova York entre 1937 e 1939.
Historia e características
Subtitulado Diario Democrático Avanzado, tiña como lema "Pola xusticia social. Pola Democracia. Contra a Tiranía e o Fascismo.". Apareceu cun número de carácter especial o 19 de xullo de 1937 e despois comezou a publicarse con regularidade dende o 24 de agosto de 1937 ata o 1 de decembro de 1939. O seu director e propietario era o empresario galego Ceferino Barbazán Montes dono de The Spanish Newspaper Corporation, empresa editora do xornal. José Castilla Morales era o director asistente.[1] Entre os seus redactores figurou Leocadio Lobo. Periódico prorepublicano "abiertamente antifascista" vinculado á Frente Popular Antifascista Gallego, publicou varios artigos de Castelao. Colaborou co periódico bimensual Frente Popular. O 24 de maio de 1939 Barbazán cedeu a dirección do xornal a Leocadio Lobo. A partir de decembro de 1939 cambiou o seu título por La Nueva Voz, do que só se conservan algúns exemplares dispersos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas