La Saïdia é o distrito número 5 de Valencia, situado ao norte da Ciutat Vella, e se estende dende a marxe esquerda do río Turia até a avenida do Doctor Peset Aleixandre. Ao leste linda coa rúa de General Elío, o comezo da avenida de Vicent Blasco Ibáñez, e ao oeste a avenida de Burjassot. Componse dos barrios de Marxalenes, Morvedre, Trinitat, Tormos e Sant Antoni. A súa poboación censada no 2009 era de 49.775 habitantes segundo o Concello de Valencia.[1]
O distrito ten moitos lugares de destacable importancia. Un é o Mosteiro da Trinitat, no barrio homónimo. Anteriormente era o punto de confluencia das vías do trenet de València que se dirixían dende Rafelbunyol, Burjassot e o Cabanyal até a estación da Pont de Fusta, situado no punto máis meridional do distrito, hoxe en día é o moderno tranvía o que percorre de oeste a leste o distrito. Tamén dispón de importantes parques municipais como os Jardins del Real e o de Marxalenes.
Poboación
O distrito tiña 49.320 habitantes en 2007, divididos en cinco barrios:
Marxalenes (11.423)
Morvedre (10.535)
Trinitat (8.256)
Tormos (8.960)
Sant Antoni (10.146)
Notas
↑"Districte 05. la Saïdia"(PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia(en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
↑"Marxalenes". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Geografía. Editorial Prensa Valenciana. 2009.