La Masia

La Masia do FC Barcelona.

La Masia, ou La Masia de Can Planes, foi a residencia dos xogadores das categorías inferiores do Futbol Club Barcelona desde o 20 de outubro de 1979 ata o ano 2011. É unha antiga casa rural catalá, situada xunto ao Camp Nou. En 2011 trasladouse a actividade á nova Masia, situada na Cidade Deportiva Joan Gamper.

Nos seus primeiros 30 anos de historia pasaron por ela 503 mozos co soño de chegar a ser deportistas de elite. O 85% pertencían aos diferentes equipos de fútbol, e o 15% restante correspondía ás demais seccións profesionais. O obxectivo do FC Barcelona é formalos deportiva e intelectualmente. Non todos os nenos da base azulgrana residiron na Masia. Xeralmente, fixérono os que tiñas máis problemas cos desprazamentos.

Algúns dos xogadores que residiron na Masía foron o actual adestrador do Barça, Josep Guardiola, ou os campións do mundo Sergio Busquets, Cesc Fàbregas, Xavi Hernández, Andrés Iniesta, Gerard Piqué, Carles Puyol, Pepe Reina, Pedro Rodríguez e Víctor Valdés.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!