La España Moderna foi unha revista cultural editada na cidade española de Madrid que comezou a súa andaina o 1 de xaneiro de 1889 e rematou en decembro de 1914.
Traxectoria
A revista foi publicada de 1889 a 1914 pola editorial do mesmo nome, sendo propietario e fundador de ámbalas dúas José Lázaro Galdiano. A súa posta en marcha foi avalada por Emilia Pardo Bazán, quen axudou a Lázaro Galdiano a lanzar e promocionar a revista e buscar colaboradores nos inicios desta.
Tivo varios subtítulos como "Revista Íbero-americana", a partir do número 7, ou tamén "Revista de España" dende o 1 de xaneiro de 1894.
Foi cualificada por varios autores como unha especie de versión española da revista francesa Revue deas deux mondes. Actuou como unha plataforma publicitaria da propia editorial, pois contiña a miúdo comentarios de libros e novidades publicadas por esta.
En La España Moderna, abordárase xa daquela a denominada «cuestión feminina», e foron colaboradores autores como Rafael Altamira, Augusto Martínez Olmedilla, Miguel de Unamuno, Emilia Pardo Bazán, Benito Pérez Galdós, Leopoldo Alas Clarín, Marcelino Menéndez Pelayo, Pedro Dorado Montero, Adolfo Posada ou Concepción Arenal.
Nas súas páxinas apareceron traducidos textos de Tolstoi e de Ibsen e tamén publicou, en 1895, a obra de Unamuno, En torno al casticismo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Camoira Vega, César (2000). "Presenza galega nalgunhas publicacións de Madrid e Catalunya". Lucensia. (en castelán) XXXI (61): 15–32. ISSN 1130-6831.
- Asún Escartín, Raquel (1981-1982). "La editorial "La España Moderna". Archivum: Revista de la Facultad de Filología (en castelán) XXXI (31-32): 133–200. ISSN 0570-7218.
- Ayala, María de los Ángeles; Ramos Altamira, Javier (2012). Rafael Altamira, José Lázaro Galdiano y la España Moderna, 1889-1905 (en castelán). Alacant: Universidad de Alicante. ISBN 9788497172042.
- Davies, Rhian (2012). ""La cuestión femenina" and "La España Moderna" (1889-1914)". Bulletin of Spanish Studies: Hispanic Studies and Research on Spain, Portugal and Latin America (en inglés) 1 (89): 61–85. ISSN 1475-3820. doi:10.1080/14753820.2012.646811.
- Thion Soriano-Mollá, Dolores (2010). "Un agente intercultural avant la lettre: José Lázaro Galdiano". En Giné, Marta; Hibb, Solange. Traducción y cultura: la literatura traducida en la prensa hispánica (1868-98) (en castelán). Berna: Peter Lang. pp. 107–124. ISBN 9783034303668.
- Unamuno, Miguel de (1997). Ouimette, Víctor, ed. De patriotismo espiritual. Artículos en "La Nación" de Buenos Aires (1901-1914) (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 9788474818802.