Lúa de papel (en inglés: Paper Moon) é un filme estadounidense 1973 dirixido por Peter Bogdanovich a partir dun guión de Alvin Sargent baseado na novela Addie Pray de Joe David Brown. O filme, rodado en branco e negro, está ambientado en Kansas e Missouri durante a Gran Depresión. Está protagonizado por Ryan e Tatum O'Neal, pai e filla na vida real. Tatum O'Neal recibiu eloxios pola súa interpretación como Addie e gañou o Óscar á mellor actriz secundaria, converténdose na máis nova gañadora dun Óscar en categoría competitiva.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 22 de miao de 1991.[3]
Argumento
En Gorham, Kansas, arredor de 1936, o estafador Moses Pray coñece a nena de nove anos Addie Loggins no servizo funerario da súa nai, e os veciños sospeitan que el é o pai de Addie. El négao, mais acepta levar a orfa a casa da súa tía en St. Joseph, Missouri.
Elenco
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas