Kwacha de Malawi

Segunda serie de moedas circulantes

O kwacha de Malawi ("abrente" en bemba) é a moeda oficial de Malawi desde 1971, cando se substituíu a líbra de Malawi. O seu código monetario é ISO 4217: MWK. O kwacha está dividido en 100 tambala ("galos"). O nome da unidade monetaria provén dun antigo lema nacionalista compartido con Zambia: "Un novo abrente de liberdade". Este é o motivo polo que ambas as moedas teñen a mesma denominación (os códigos do kwacha zambiano son ISO 4217: ZMK).

Billetes

Os billetes emitidos polo Banco Central corresponden ás denominacións de:

  • 20 kwacha (morado)
  • 50 kwacha (ciano)
  • 100 kwacha (vermello)
  • 200 kwacha (azul)
  • 500 kwacha (rosa)
  • 1000 kwacha (verde)

No ano 2007 emitíronse por derradeira vez os billetes de 5 e 10 kwacha, malia permaneceren en circulación e manteren o seu uso durante un tempo, ata que os bancos os foron retirando paseniño.[1]

Moedas

A primeira serie de moedas abranguía os valores de 1 a 20 tambala. Posteriormente, en 1993 engadiuse o facial metálico de 1 kwacha e a principios de 2007 incluíronse dúas novas moedas bimetálicas de 5 e 10 kwacha, que irían substituíndo progresivamente os billetes da mesma denominación. No ano 2012 cuñouse unha nova serie de moedas de 1, 5 e 10 kwacha, de menor tamaño e peso.

Moedas actualmente en uso

Estas son as características principais das moedas actualmente en circulación:

Denominación Circula desde Forma Metal Diámetro Canto Anverso Reverso
1 kwacha
2012
Circular
Aceiro
20 mm
Estriado
Aguia
Escudo nacional
5 kwacha
2012
Heptagonal
Aceiro
22 mm
Estriado
Garza
Escudo nacional
10 kwacha
2012
Circular
Aceiro
22 mm
Estriado
Elefante
Escudo nacional

Moedas da segunda serie

Denominación Circula desde Forma Metal Diámetro Canto Deseño no anverso Deseño no reverso
Anel Centro
1 tambala Anos 70 Circular Cobre Liso Peixe e valor facial Escudo nacional
2 tambala Anos 70 Circular Cobre Liso Ave e valor facial Escudo nacional
5 tambala Anos 70 Circular Aceiro Estriado Garza e valor facial Escudo nacional
10 tambala Anos 70 Circular Aceiro Estriado Millo e valor facial Hastings Banda
20 tambala Anos 70 Circular Aceiro Estriado Elefante e valor facial Hastings Banda
50 tambala 1993 Heptagonal Latón Liso Cebra e valor facial Hastings Banda
1 kwacha 1993 Circular Latón Estriado Aguia e valor facial Hastings Banda
5 kwacha 2007 Circular Níquel Latón 27 mm Estriado Pescadores e valor facial Escudo nacional
10 kwacha 2007 Circular Latón Aceiro 28 mm Estriado Recolectores e valor facial Escudo nacional

Notas

  1. "Malawi Kwacha notes (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!