Kristine Tsuya Yamaguchi, nada o 12 de xullo de 1971 en Hayward, California, Estados Unidos, é unha patinadora artística estadounidense, campioa olímpica de Albertville 1992 na proba individual feminina. É tamén campioa mundial en 1991 e 1992 e campioa dos Estados Unidos en 1992.[1]
Antes diso practicaba a patinaxe en parellas. Con Rudy Galindo logrou as medallas de ouro no campionato dos Estados Unidos xuvenil no ano 1986,[2] e nos campionatos dos Estados Unidos ("adultos") de 1989 e 1990. No campionato mundial xuvenil de 1988 logrou dúas medallas de ouro: como patinadora de parellas con Rudy Galindo e como patinadora individual.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas