Konstantinos Argyros (en grego, Κωνσταντίνος Αργυρός), nado en Atenas o 21 de maio de 1986, é un cantante grego.[1]
Traxectoria
Konstantinos Argyros creceu xunto a súa familia na cidade ateniense onde naceu, á idade de cinco anos comezou a estudar piano. Tempo despois comezou a tocar a guitarra e instrumentos gregos. Cando comezou a traballar de maneira profesional, fixo aparición nos clubs nocturnos de música grega, tal como a discoteca "FIX" en Tesalónica.
No verán do ano 2008, Konstantinos colaborou compañía musical SONY Bmg e lanzou un disco. Desde setembro do ano 2011 ata maio de 2012 apareceu na discoteca "VOX" coa cantante Stélla Kalí.
Discografía
- Όλα θα αλλάξουν/Ola tha alláksoun - 2008
- Μάλλον κάτι ξέρω/Mállon káti kséro - 2011
- Αντίο λέμε/Antío léme - 2011
- Παιδί γενναίο/Paidí gennnaío - 2012
- Δευτερη φορα/ Defteri fora e Εσένα θέλω/Eséna Thélw - 2014
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas