Khoršid (en persa: خورشید) é un filme iraniano de 2020 coproducido, coescrito e dirixido por Majid Majidi.[2] Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia,[3][4] onde o neno actor Rouhollah Zamani gañou o Premio Marcello Mastroianni.[5] Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[6] chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.[7]
Personaxes
- Ali Nassirian como Hashem
- Javad Ezzati como vicedirector do colexio
- Tannaz Tabatabaei como nai de Ali
- Rouhollah Zamani como Ali
- Shamila Shirzad como Zahra
- Seyed Mohammad Mehdi Mousavi Fard como Mamad
- Abolfazl Shirzad como Abolfazl
- Mani Ghafouri como Reza
- Safar Mohammadi como conserxe do colexio
- Ali Ghabeshi como director do colexio
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas