Kevin Clancy é un numismático británico, cunha traxectoria profesional vinculada á Royal Mint, a ceca real británica.
Traxectoria
Kevin Clancy graduouse en Historia na Universidade de Leeds, onde en 1999 acadou o seu doutoramento cunha tese sobre as recuñaxes británicas de 1816-1817,[1][2] dirixida polos profesores Graham Dyer e Christopher Challis.[3]
Clancy incorporouse en 1992 á Royal Mint, onde ocupa o posto de director do seu museo numismático. En tal condición destaca, entre outras, a súa contribución para a creación da exposición permanente sobre a historia da Royal Mint na Torre de Londres.[4]
Clancy foi nomeado en 2003 secretario do Comité Asesor sobre o Deseño de Moedas, Medallas, Selos e Condecoracións da Royal Mint, que asesora o Goberno británico e a Coroa sobre os deseños de moedas e obxectos similares.[4][5]
Kevin Clancy é membro da British Numismatic Society desde 1993,[1] e en 2016 foi elixido presidente desta entidade,[4] cargo que ocupou ata novembro de 2021, cando foi substituído por Elina Screen.[6][7][8]
Recoñecementos
Publicacións
Estas son as principais monografías publicadas por Kevin Clancy ao longo da súa traxectoria:
Notas