Kenneth Anthony Green, nado o 11 de outubro de 1964 en Eustis, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense formado na universidade de Rhode Island. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de ala-pivote. Está considerado un dos mellores "matadores" da historia da ACB.[1]
Traxectoria
Clubs
- Rapid City Thrillers (CBA, 1990)
- Columbus Horizon (CBA, 1991)
- Efes Pilsen Istambul (TBL, 1991–1992)
- JDA Dijon (Nationale A1, 1992)
- Cáceres C.B. (ACB, 1992−1993)
- Banco Natwest Zaragoza (ACB, 1993−1994)
- Taugrés (ACB, 1994−1997)
- Ülker Istambul (TBL, 1997-1998)
- Covirán Sierra Nevada (ACB, 1998)
- Breogán Universidade (LEB / ACB, 1998–2000)
- Drac Inca (LEB, 2001-2002)
Hoxe
Kenny Green está hoxe arruinado e atrapado en Qatar, onde adestraba a un equipo de Doha dende 2005. Ese ano a súa nai enfermou de cancro, tendo que pedir un préstamo de 153.000 dólares para o seu tratamento, suma que non puido devolver, o que o pode levar á cadea. Para facer fronte á débeda tivo que vender a súa casa de Florida, a baixo prezo debido á crise inmobiliaria deses anos. Finalmente a súa nai faleceu, e fixéronse campañas dende as cidades onde xogou (en especial Vitoria) e de excompañeiros (como Jorge Garbajosa) para axudalo economicamente.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas