Kamehameha III, nado o 11 de agosto de 1813 en Kona (Illa de Hawai) e finado o 15 de decembro de 1854 en Honolulu (Oahu), foi o Rei de Hawai entre os anos 1825 e 1854. Era coñecido como Kauikeaouli pero o seu nome completo era Keaweaweʻula Kīwalaʻō Kauikeaouli Kaleiopapa. Cando ascendeu ó trono, o seu nome pasou a ser Keaweaweʻula Kīwalaʻō Kauikeaouli Kaleiopapa Kalani Waiakua Kalanikau Iokikilo Kīwalaʻō i ke kapu Kamehameha.
Traxectoria
Baixo o seu reinado, Hawai evolucionou a partir dunha monarquía absoluta a unha monarquía constitucionalcristiá, coa firma tanto da Constitución de 1840 como da Constitución de 1852. Foi o monarca reinante máis duradeiro na historia do Reino, gobernando durante 29 anos e 192 días, aínda que na primeira parte do seu reinado estaba baixo a rexencia da raíña Ka‘ahumanu e máis tarde por Ka‘ahumanu II. Os seus obxectivos como rei foron acadar un equilibrio na modernización a través da adopción dos costumes occidentais e manter intacta a súa nación.