O Junkers F.13 foi o primeiro avión de transporte do mundo construído totalmente en metal, e foi fabricado en Alemaña dende finais da primeira guerra mundial. Era un avanzado monoplano que podía acomodar a catro pasaxeiros. Vendéronse ao redor das 300 unidades, estivo en produción 13 anos e en servizo case 20.