Julián Maneiros Robles, finado en Serantes en maio de 1945, foi un político galego.
Traxectoria
Solidario, foi elixido alcalde de Serantes en xullo de 1909.[1] Logo da dimisión de Agapito Lorenzo Cid volveu ser elixido alcalde en agosto de 1914,[2] permanecendo no cargo ata 1920, cando pasou a ser primeiro tenente alcalde.[3] Foi novamente alcalde en 1923. Volveu ser nomeado alcalde de Serantes por Real Orde a finais de abril de 1930.[4] Na Segunda República foi nomeado xuíz municipal de Serantes en agosto de 1934,[5] permanecendo no posto ata a súa morte en maio de 1945.[6]
Notas
- ↑ El Correo Gallego, 3-7-1909, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 12-8-1914, p. 1.
- ↑ El Correo Gallego, 2-4-1920, p. 4.
- ↑ El Ideal Gallego, 1-5-1930, p. 3.
- ↑ El Ideal Gallego, 23-8-1934, p. 8.
- ↑ El Correo Gallego, 15-5-1945, p. 4.