Julio González Fernández, nado en Navia de Suarna cara a 1902, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Na II República foi elixido concelleiro de Navia de Suarna en 1931. Militou na ORGA. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de setembro de 1939. Xulgado na causa 810/38 foi condenado a 30 anos. Saíu en liberdade provisional o 28 de xaneiro de 1942. Sufriu expediente de responsabilidades políticas.
Nas eleccións municipais de 1983 presentouse á alcaldía de Navia de Suarna polo PSdeG-PSOE con 80 anos,[1] e foi elixido alcalde. En maio de 1987 foi elixido presidente da agrupación comarcal do PSdeG-PSOE.[2]
Vida persoal
Casou con Amparo Fernández Madarro e foi pai de Carlos González Fernández.
Notas
- ↑ "Julio González aspira a volver a la alcaldía de Navia a sus 80 años", La Voz de Galicia, 28-3-1983, p. 35.
- ↑ "El actual alcalde de Navia de Suarna elegido presidente de la agrupación comarcal del PSOE", La Voz de Galicia, 20-5-1987, p. 28.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas