Juan Reboreda Enríquez, nado en Mondariz o 2 de xuño de 1938 e finado o 31 de maio de 2022,[1] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Foi secretario da Cámara Agraria Local e director da sucursal de Mondariz de Caixa Galicia. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde do concello de Mondariz e en 1970 foi nomeado alcalde. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións primeiro por AP e logo polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. 0 27 de novembro de 2002 renunciou como alcalde, sendo substituído polo primeiro tenente de alcalde Julio Alén Montes.[2] Foi deputado provincial e presidente do Mondariz F. C.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas