Juan Norat Pérez, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 6 de decembro de 1944 e finado na mesma vila o 19 de decembro de 2021, foi un futbolista galego. Xogaba como centrocampista.[1]
Traxectoria
Xogador na súa mocidade do Portonovo, en 1963 foi xogar co Pontevedra CF[2], un club que naquel ano ascendera a primeira división. Xogou co Pontevedra seis anos anos en primeira (1965-1970), e unha en segunda división (1964-65). A temporada 70/71 disputouna co CD Ourense[1], pero regresou ao Pontevedra que competía nese momento en Segunda, onde botou catro temporadas, dúas en terceira división, e dúas máis en Segunda B, que se acababa de crear naquela altura.
Despois de deixar ao fútbol foi empresario. A súa familia[3] é moi coñecida en Portonovo e ten empresas de pesca, hostalaría, etc.[4] O fillo, Juan Norat Estévez, é adestrador de baloncesto.
Clubs
Notas