Juan José Viñas

Modelo:BiografíaJuan José Viñas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1811 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1881 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
30 de marzo de 1875 – 1 de outubro de 1875
← Andrés Tomás Bouza de FigueroaFrancisco Sáinz Herrero →
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
1866 – 1868
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
1856 – 1865
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
1846 – 1855
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
1843 – 1845 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista, político Editar o valor en Wikidata

BUSC: vinas-juan-jose-1811-1881

Juan José Viñas Balduvieco,[2] nado en Santiago de Compostela o 26 de marzo de 1811[3] e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1881,[4] foi un xurista e político galego.

Traxectoria

Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela, continuando despois na Facultade de Cánones onde obtivo o Bacharelato en Cánones en 1832. Marchou a Madrid e ingresou en 1835 no Consello Real como oficial. En 1837 regresou a Compostela e traballou como Subsecretario de décimos e pasou en 1841 á Comisión superior de exame da Xunta Superior de Desamortización. Foi catedrático de Xurisprudencia e Economía Política e Dereito Político das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1843-1855, 1856-1865, 1866-1868). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1858-1859), deputado a Cortes polo distrito da Coruña (1840, 1843-1844 e 1844-1846), polo de Ortigueira (1846-1850 e 1851-1852) e polo de Santiago (1876-1878) e senador como representante da Universidade de Santiago de Compostela (1877), pero non chegou a tomar posesión.

O 30 de marzo de 1875 tomou posesión como alcalde de Santiago de Compostela, substituíndo a Andrés Tomás Bouza de Figueroa, converténdose no 1º alcalde tras a Restauración borbónica. Nese mesmo día renunciaron tódolos concelleiros que permanecían do anterior equipo municipal, un total de 10. O 9 de setembro foron cubertas 7 desas baixas de concelleiros. Non obstante, durante os meses do seu mandato foron moi poucas as veces que Viñas presidiu as sesións municipais, case sempre dirixidas polos tenentes de alcalde, José Varela-Cadaval Fernández-de Tejada e Francisco Sáinz Herrero, que o sucedeu na alcaldía o 1 de outubro tras presentar Viñas unha dimisión que foi aceptada.


Predecesor:
Luis Pose Varela
 
Reitor da Univ. de Santiago
 
1843 - 1845
Sucesor:
Rufo Rodríguez Valdespino
Predecesor:
Rufo Rodríguez Valdespino
 
Reitor da Univ. de Santiago
 
1846 - 1855
Sucesor:
Celestino Martínez del Río
Predecesor:
Celestino Martínez del Río
 
Reitor da Univ. de Santiago
 
1856 - 1865
Sucesor:
Simón Martín Sanz
Predecesor:
Simón Martín Sanz
 
Reitor da Univ. de Santiago
 
1866 - 1868
Sucesor:
José Montero Ríos
Predecesor:
Andrés Tomás Bouza de Figueroa
 
Alcalde de Santiago
 
1875
Sucesor:
Francisco Sáinz Herrero

Vida persoal

Estivo casado con Vicenta Calderón Oreiro, irmá do tamén político galego o III Conde de San Juan, Vicente Calderón Oreiro.

Notas

  1. La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-9-1881, p. 1.
  2. Existen 4 versións diferentes do seu 2º apelido. A que se presenta (Balduvieco) é a que aparece nas súas obras orixinais. Na web do Congreso dos Deputados se emprega Valdueso. E, por fin, tamén aparece noutras fontes como Valduvieso e mesmo Valdivieso.
  3. Ficha Viñas Valdueso, Juan José na web do Congreso dos Deputados.
  4. Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 14-9-1881, p. 3.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!