José Pose Miguens, nado en Padrón cara a 1908 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria
Membro do Sindicato de Oficios Varios de Padrón (CNT). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Compostela por rebelión o 7 de setembro con Faustino Liste Forján, José Tourís Castro, Serafín Mariño Santos, Daniel Caamaño Eiras e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado,[1][2] foi condenado a pena de morte e executado en Compostela con Xoán Xesús González, Faustino Liste, José Tourís e Serafín Mariño o 12 de setembro de 1936.[3]
Notas
- ↑ El Eco de Santiago, 7-9-1936, p. 3.
- ↑ El Ideal Gallego, 8-9-1936, p. 5.
- ↑ El Eco de Santiago, 12-9-1936, p. 2.