José Antonio Magriñá Rodeiro, nado en Cuba o 14 de decembro de 1917 e finado o 2 de agosto de 1988, foi un futbolista cubano, que xogaba de dianteiro.
Traxectoria
Clubs
Desenvolveu a súa carreira futbolística no Deportivo Centro Gallego e máis tarde no Real Iberia.
Internacional
Foi internacional coa selección cubana e participou no Mundial de 1938 en Francia. Alí Cuba empatou 3-3 contra a selección de Romanía no primeiro partido, cun gol olímpico de Magriñá no minuto 69.[1] Uns días despois celebrouse un partido de desempate, onde os cubanos gañaron por 2 a 1. Nos cuartos de final caeron derrotados fronte á selección sueca por 8-0.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos