José Luis Pérez-Payá

Modelo:BiografíaJosé Luis Pérez-Payá
Nome orixinalJosé Luis Pérez-Payá Soler
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1928 Editar o valor en Wikidata
Alcoi, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 2022 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,81 m.
Peso81 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1957 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–1950   Real Sociedad 7(5)
1948–1949 Barakaldo Club de Fútbol 11(6)
1949–1950 Club Deportivo Alcoyano 17(12)
1950–1953   Atlético de Madrid 65(30)
1953–1957   Real Madrid CF 36(13)

José Luis Pérez-Payá Soler, coñecido como Pérez Payá, nado en Alcoi o 2 de marzo de 1928 e finado en Madrid o 12 de agosto de 2022,[1] foi un futbolista e dirixente deportivo español. Xogaba como dianteiro e militou en varios equipos da Primeira e da Segunda División, entre eles o Atlético de Madrid e o Real Madrid, gañando catro ligas e dúas Copas de Europa entre outros títulos.

Foi presidente da Real Federación Española de Fútbol entre 1970 e 1975.

Traxectoria

Inicios

Naceu en Alcoi o 2 de marzo de 1928, no seo dunha familia acomodada. Era fillo de Ángel Pérez Soler, industrial do papel e persoa moi ligada ao fútbol, pois á parte de practicalo, participou na fundación do Valencia CF, do Real Alcodiam, do Albaidense, do Ontinyent e do Alcoyano, sendo ademais presidente e adestrador dos dous últimos.[2][3]

En 1946 ingresou na Universidade de Deusto para estudar Económicas e comezou a xogar ao fútbol na Sociedad Deportiva Deusto.[4] Despois de dous anos militando neste club e de conquistar o Campionato de España de Afeccionados co Serpis (equipo afeccionado do Alcoyano),[5] para a tempada 1948/49 fichou polo Barakaldo, da Segunda División, coa condición de xogar só os partidos na casa ou en localidades próximas, para dar prioridade así os estudos (destacado estudante, rematou a carreira como número 1 da súa promoción).[4]

Barakaldo

O 31 de outubro de 1948, na oitava xornada de liga, debutou na categoría de prata, nunha vitoria por 3-0 sobre o Murcia. Foi titular en case tódolos restantes partidos como local e realizou dúas saídas, a Donostia e Xixón. Marcou 6 goles en 12 partidos, destacando os dous que lle fixo ao Girona (3-0) e o tanto que anotou nun histórico encontro ante a Real Sociedad, con 22.000 persoas nas bancadas do antigo estadio de Lasesarre.[4] Rematou a tempada na quinta posición da táboa.

Alcoyano

En 1949, despois de xogar varios partidos amigables nas filas do Athletic,[6] regresou a Alcoi e ingresou no Alcoyano, tamén da Segunda División. En só catro meses de competición, marcou 14 goles en 19 partidos, colocándose entre os máximos goleadores da liga, e levando ao equipo á primeira posición. Foi entón cando fichou pola Real Sociedad, en xaneiro de 1950.[5]

Real Sociedad

Debutou na Primeira División coa Real Sociedad, aínda como amateur, o 22 de xaneiro de 1950, ante o Real Madrid, marcando os dos dous goles do seu equipo (2-2). Xogou un total de sete partidos co club donostiarra, marcando cinco goles.

Atlético de Madrid

No verán de 1950 fichou polo Atlético de Madrid, onde xogou durante os seguintes tres anos, ao tempo que preparaba as oposicións para funcionario do Estado.[5] Alí deixou de xogar de interior para facelo como dianteiro centro, e formou parte da chamada "dianteira de cristal", xunto con José Juncosa, Ben Barek, Henry Carlsson e Adrián Escudero.[7] Na súa primeira tempada, ás ordes de Helenio Herrera, marcou 14 goles en 26 partidos de liga, contribuíndo á conquista do título por diante do Sevilla. Marcou ademais un triplete na Copa Eva Duarte diante do Athletic, que serviu para empatar 5-5 e forzar un partido de desempate no que finalmente venceu o club vasco.

Na súa segunda tempada en Madrid gañou a Copa Eva Duarte e anotou un total de 15 goles, cifra que se reduciu na súa terceira e derradeira campaña, na que só conseguiu dous tantos. Pechou o seu paso polo Atlético con 81 partidos oficiais e 36 goles.

Real Madrid

En 1953 fichou polo Real Madrid, club no que militou outras tres tempadas e onde actuou por primeira vez como profesional.[8] Viña de aprobar as oposicións a inspector de traballo.[6] Gañou dúas ligas nas súas dúas tempadas e compartiu dianteira con xogadores como Gento, Di Stéfano ou Héctor Rial. O 8 de setembro de 1955 foi titular no primeiro partido da historia do Real Madrid na Copa de Europa, diante do Servette suízo. Conquistou a competición europea esa tempada e tamén na seguinte, na que sumou un terceiro título de liga co club branco e o cuarto na súa conta persoal. Co Real Madrid gañou ademais dúas Copas Latinas.[9]

Disputou un total de 50 encontros oficiais co club, nos que marcou 24 goles.

Selección nacional

Foi internacional coa selección española en dúas ocasións.[10] Debutou o 18 de maio de 1955 nun partido amigable contra Inglaterra no estadio de Chamartín, un encontro que rematou con empate a un gol. Xogou un segundo encontro medio ano despois, de novo contra Inglaterra, desta vez en Wembley, onde a vitoria foi para o conxunto inglés por 4-1.

Fóra do fútbol

En 1957 retirouse do fútbol, con 29 anos, para continuar a súa carreira no Ministerio de Traballo.[6][8] Na década de 1960 foi asesor técnico do CD Castellón e directivo da Federación Valenciana de Fútbol.[11] O 22 de setembro de 1970 xurou o cargo de presidente da Real Federación Española de Fútbol, que ocupou durante case cinco anos, ata o 26 de maio de 1975. Posteriormente, formou parte da xunta directiva da sección de veteranos do Real Madrid.[8]

Vida persoal

Casou con María del Carmen Colomer, coa que tivo varios fillos. Unha das súas fillas, Cristina, faleceu con só catro anos, atropelada por un vehículo en Castelló.[12]

Palmarés

Alcoyano Afeccionado
Alcoyano
Atlético de Madrid
Real Madrid

Notas

  1. Agulló, Paco (2022-08-12). "Fallece José Luis Pérez-Payá, el alcoyano que hizo historia en el fútbol español". Consultado o 2022-08-13. 
  2. "Onteniente Club de Futbol, Ángel Pérez Soler" (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  3. "Fallece José Luis Pérez-Payá, el alcoyano que jugó en el Madrid con Di Stéfano" (en castelán). 13 de agosto de 2022. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "El singular paso de Pérez-Payá por el Barakaldo" (en castelán). 8 de maio de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Pérez Payá, un alcoyano al frente del fútbol español" (en castelán). 4 de maio de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Ramos, Jesús (27 de maio de 2016). "José Luis Pérez Payá, predestinado para el fútbol". Marca (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  7. "Los agentes dobles del derbi". Marca (en castelán). 18 de novembro de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "José Luis Pérez-Payá. DEP" (en castelán). 13 de agosto de 2022. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  9. "Comunicado Oficial: fallecimiento de José Luis Pérez-Payá". 12 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-13. 
  10. "Pérez Payá". Consultado o 2022-08-13. 
  11. "Pérez Payá dimite de su cargo de federativo de la regional valenciana". Mundo Deportivo (en castelán). 9 de marzo de 1962. p. 3. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  12. "Una hija de Pérez Payá atropellada y muerta por un turismo". La Noche (en castelán) (12856). 20 de febreiro de 1963. p. 8. Consultado o 18 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2022) وارسو حكومة وارسو العامة Generalgouvernement Warschau  (ألمانية)Generalne Gubernatorstwo Warszawskie  (بولندية)   1915 – 1918 حكومة وارسو العامةعلم حكومة وارسو العامةشعار حكو

 

Japanese animation studio NUT Co., Ltd.Native name株式会社ナットRomanized nameKabushiki-gaisha NattoTypeKabushiki gaishaIndustryJapanese animationFounded2017; 6 years ago (2017)FoundersTakuya TsunokiMasayuki NaraiHeadquarters1-24-19 Kamiogi, Suginami, Tokyo, Japan[1]Key peopleMasayuki Narai (President)Websitenutinc.jp NUT Co., Ltd. (Japanese: 株式会社ナット, Hepburn: Kabushiki-gaisha Natto) is a Japanese animation studio[1] founded in 2017 by ex...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2019) رون سكارليت معلومات شخصية الميلاد 22 مارس 1911  نيلسون  الوفاة 9 يوليو 2002 (91 سنة)   كرايستشرش  مواطنة نيوزيلندا  الحياة العملية المهنة عالم إنسان،  ...

2000 studio album by Joe BonamassaA New Day YesterdayStudio album by Joe BonamassaReleasedOctober 24, 2000 (2000-10-24)Recorded2000 (2000)StudioPyramid Recording Studios, Ithaca, New YorkGenreBlues rockLength55:40LabelOkehEpic550ProducerTom DowdJoe Bonamassa chronology A New Day Yesterday(2000) So, It's Like That(2002) Singles from A New Day Yesterday Miss You, Hate YouReleased: 2001 (2001) Colour and ShapeReleased: 2002 (2002) A New Day Yesterday is the ...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2018) حذف هوفمان حذف هوفمان ، والمعروف أيضًا باسم المثيلة الشاملة، هو عملية يتفاعل فيها الأمونيوم الرباعي ليخلق أملاحًا ثالثة وألكينًا بالمعالجة باستخدام فائض من

 

Верства — термін, який має кілька значень. Ця сторінка значень містить посилання на статті про кожне з них.Якщо ви потрапили сюди за внутрішнім посиланням, будь ласка, поверніться та виправте його так, щоб воно вказувало безпосередньо на потрібну статтю.@ пошук посилань са

Giải vô địch bóng đá nữ U-17 châu Âu 20152015 UEFA Women's Under-17 ChampionshipChi tiết giải đấuNước chủ nhà IcelandThời gian22 tháng 6 – 4 tháng 7 năm 2015Số đội8 (từ 1 liên đoàn)Địa điểm thi đấu6 (tại 4 thành phố chủ nhà)Vị trí chung cuộcVô địch Tây Ban Nha (lần thứ 3)Á quân Thụy SĩThống kê giải đấuSố trận đấu15Số bàn thắng...

 

سفارة فنلندا في النرويج فنلندا النرويج الإحداثيات 59°54′53″N 10°42′26″E / 59.9148°N 10.7072°E / 59.9148; 10.7072 البلد النرويج  المكان أوسلو الموقع الالكتروني الموقع الرسمي تعديل مصدري - تعديل   سفارة فنلندا في النرويج هي أرفع تمثيل دبلوماسي[1] لدولة فنلندا لدى النرويج.[...

 

Вооружённые силы Монакофр. La Force publique Годы существования с 8 декабря 1817 Страна Монако Подчинение Департамент внутренних дел Численность 82 (2019) Дислокация Монако-Вилль, Монако Командиры Действующий командир Альбер II Сайт gouv.mc  Медиафайлы на Викискладе Вооружённые си...

  هذه المقالة عن نشأة يزيد والأحداث في عهده. لآراء علماء السنة والشيعة في يزيد، طالع الخلاف حول يزيد بن معاوية. يزيد بن معاوية يزيد بن معاوية بن أبي سفيان بن حرب بن أمية. تخطيط لاسم يزيد بن معاوية معلومات شخصية الميلاد 23 رمضان 26 هـ 20 يوليو 647(647-07-20)الماطرون الوفاة 14 ربيع ا...

 

Joaquín Tocornal Presidente de la Cámara de Diputados de Chile 19 de noviembre de 1844-2 de junio de 1846Predecesor Francisco Antonio PintoSucesor Juan José Aldunate Larraín 17 de noviembre de 1840-13 de enero de 1842Predecesor Melchor de Santiago Concha y CerdaSucesor José Joaquín Pérez Información personalNombre completo Joaquín Tocornal JiménezNacimiento 1788Santiago, Reino de ChileFallecimiento 1865Santiago, República de ChileNacionalidad ChilenaFamiliaPadres Juan Bonifacio de ...

 

2008 music video game published by Nintendo For the music of the Wii console, see Wii § Music. 2008 video gameWii MusicNorth American version cover artDeveloper(s)Nintendo EADPublisher(s)NintendoDirector(s)Kazumi TotakaProducer(s) Takashi Tezuka Katsuya Eguchi Designer(s)Koji TakahashiComposer(s) Kenta Nagata Toru Minegishi Mahito Yokota SeriesWiiPlatform(s)WiiReleaseJP: October 16, 2008NA: October 20, 2008AU: November 13, 2008EU: November 14, 2008Genre(s)MusicMode(s)Single-player, mult...

2007 single by SlimmyBeatsound LoverboySingle by Slimmyfrom the album Beatsound Loverboy Released6 September 2007Recorded2006GenreElectronica, alternativeLength3:03LabelSom LivreSongwriter(s)Paulo FernandesProducer(s)Quico Serrano and Mark J TurnerSlimmy singles chronology Beatsound Loverboy (2007) Show Girl (2008) Beatsound Loverboy is a song by Slimmy, released in 2007 as the lead single from his debut album Beatsound Loverboy. The song peaked at number 42 in the Portugal Singles Chart. The...

 

Bantu-speaking people in Botswana and Namibia Yeyi people (described as Bayeye), 1861 The MaYeyi (also: Yeyi or Bayei) are Bantu-speaking people of north-western Botswana and north-eastern Namibia. The Yeyi immigrated to the area in the 18th century from the north, and lived in close cooperation with the San people, or Basarwa, who had lived in the area previously. They speak ShiYeyi, a language that was influenced by the San and exhibits the characteristic clicks.[1] History Accordin...

 

Rectangular fishpond with ducks and lotus planted round with date palms and fruit trees, in a fresco from the Tomb of Nebamun, Thebes, 18th Dynasty The gardens of ancient Egypt probably began as simple fruit orchards and vegetable gardens, irrigated with water from the Nile. Gradually as the country became richer, they evolved into pleasure gardens with flowers, ponds and valleys of fruit and shade trees. Temples, palaces, and private residences had their own gardens, and models of gardens we...

Fattah AminLahirAbdul Fattah Bin Mohd Amin14 September 1990Setiawangsa, Kuala Lumpur, MalaysiaKebangsaanMalaysiaNama lainFattah, Fattah AminPekerjaanAktorPenyanyiModelPresenterEntrepreneurTahun aktif2011–kiniKarya terkenalTelevisi Playboy Itu Suami Aku Hello, Mr. Perfect! Manisnya Bulan Madu Bencinta Suri Hati Mr. Pilot Hero Seorang CinderellaSuami/istriFazura ​(m. 2017)​Karier musikTahun aktif2013-kiniArtis terkaitAizat Amdan Anas Amdan Mel Ramlan Faz...

 

Olympics Template‑class Olympic Games portalThis template is within the scope of WikiProject Olympics, a collaborative effort to improve the coverage of Olympics on Wikipedia. If you would like to participate, please visit the project page, where you can join the discussion and see a list of open tasks.OlympicsWikipedia:WikiProject OlympicsTemplate:WikiProject OlympicsOlympics articlesTemplateThis template does not require a rating on Wikipedia's content assessment scale. Rowing Template‑...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. Tipe variasi pelana sepeda Pelana sepeda atau kursi sepeda adalah salah satu dari lima titik kontak pada sepeda tegak, yang lainnya adalah dua pedal dan dua pegangan pada setang. (Kursi sepeda dalam arti khusus juga menopang bagian belakang.) Sadel sep...

Human settlement in WalesThe MumblesWelsh: Y MwmbwlsMumbles viewed from Oystermouth castleThe MumblesLocation within SwanseaPopulation16,600 (2011 census)[1]Principal areaSwanseaPreserved countyWest GlamorganCountryWalesSovereign stateUnited KingdomPost townSWANSEAPostcode districtSA3Dialling code01792PoliceSouth WalesFireMid and West WalesAmbulanceWelsh UK ParliamentGowerSenedd Cymru – Welsh ParliamentGower List of places UK Wales Swansea 51°34...

 

Sporting event delegationGreece at the2018 Mediterranean GamesIOC codeGRENOCHellenic Olympic Committeein TaragonaCompetitors299 [1] in 28 sportsFlag bearerEvangelia PsarraMedalsRanked 5th Gold 12 Silver 14 Bronze 22 Total 48 Mediterranean Games appearances (overview)1951195519591963196719711975197919831987199119931997200120052009201320182022 Women's Volleyball at the 2018 Mediterranean Games (silver) Men's Volleyball at the 2018 Mediterranean Games (bronze) Greece competes at the...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!