Josh Woodward

Modelo:BiografíaJosh Woodward

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, músico, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Courier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webjoshwoodward.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4405301 Facebook: joshwoodwardmusic Twitter: joshwoodward Instagram: joshwoodwardmusic MySpace: joshwoodward Souncloud: joshwoodward Spotify: 4ToehulIUHF9rV2bAmEE1F Musicbrainz: b09c8a50-7bfa-434f-a2cf-f9bf9f6f91a5 Discogs: 2451651 Editar o valor en Wikidata

Josh Woodward é un cantautor residente en Findlay, Ohio. Compón música rock acústica, folk e alternativa, e interpreta e produce as súas propias obras, distribuíndoas libremente. A súa carreira musical comezou a principios do ano 2002[1] e continúa a día de hoxe.

Josh Woodward foi un dos músicos pioneiros no uso de licenzas Creative Commons e na venda de álbums deixando a escolla do prezo ao comprador. Dende que comezou coa súa política de compartir a súa obra, o músico conseguiu superar a fronteira do millón de descargas, e actualmente está no terceiro posto dos artistas de Jamendo[1].

Moitos dos primeiros temas de Woodward compuxéronse en resposta a retos de Song Fight!, onde gañou máis da metade das veces que se presentou, o que lle valeu unha das porcentaxes de vitorias máis elevada do sitio web.

A vida na súa vila é un tema recorrente nas súas cancións. O seu estilo musical é comparable aos de Simon and Garfunkel, Barenaked Ladies ou John Mayer.

Álbums

A obra de Woodward abarca máis de 150 temas musicais, repartidos nos seguintes álbums publicados pola discográfica Snooter Records:

  • Here Today” («Aquí e hoxe» en inglés), publicado no ano 2004, e reeditado no 2008.
  • Crawford Street” («A rúa Crawford» en inglés), publicado no ano 2005, e reeditado no 2009. As primeiras cen copias físicas que se venderon do CD incluían un CD adicional, “Sunny Side of the Street” («A parte soleada da rúa», en inglés), con cancións menos serias que Woodward preferiu deixar fóra de Crawford Street, que salienta por un ton serio e mesmo “escuro”. Un dos temas deste álbum, “Baba Ganousch”, apareceu no terceiro capítulo da terceira tempada da serie de televisión Supernatural.
  • Reject Bin” («Contedor do descartado» en inglés), publicado no ano 2005, con cancións que non foran engadidas a álbums anteriores.
  • Only Whispering” («Só un murmurio» en inglés), publicado no ano 2006, e reeditado no 2010.
  • Not Quite Connected” («Non moi conectado» en inglés), publicado no ano 2007.
  • Dirty Wings” («Ás sucias» en inglés), publicando no ano 2007.
  • The Simple Life, Part 1” («A vida simple, primeira parte» en inglés), publicado no ano 2008.
  • The Simple Life, Part 2” («A vida simple, segunda parte» en inglés), publicado no ano 2008.
  • Breadcrumbs” («migallas» en inglés), publicado en outubro do ano 2009.

Todos os seus álbums contan con versións con voz e instrumentais, e están dispoñibles tanto para a súa descarga de balde como para mercalos. Asemade, Woodward publica no seu sitio web versións preliminares de temas que posteriormente inclúe en álbums. Os temas están dispoñibles en formatos comprimidos ─OGG (a través de Jamendo) e MP3─ e sen perdas, e tamén están dispoñibles case sempre as letras e notacións musicais en formato estadounidense.

Concertos

Woodward dá concertos polo noroeste do seu estado, Ohio, principalmente na súa localidade. No seu sitio web hai dispoñibles para a súa descarga algunhas gravacións de directos, tanto de temas propios coma de versións doutros.

Licenza

Todos os temas de Josh Woodward está amparados na licenza «Creative Commons Recoñecemento 3.0 Estados Unidos»[2]. Por tanto, considérase música libre[3].

Música

Josh Woodward - The Bottom (Short version).ogg Versión acurtada de “The Bottom”, do álbum “The Simple Life, Part 1”

Notas

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!