Joseph Peter Kerwin, nado en Oak Park, Illinois, o 19 de febreiro de 1932, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión Skylab 2.[1][2]
Traxectoria
Kerwin graduouse en medicina pola Escola Médica Universitaria do Noroeste, en Chicago, en 1957.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1965, participando na misión Skylab 2 e pasando un total de 28,03 días no espazo.[1][2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Kerwin, Joseph Peter" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (febreiro de 2002). "JOSEPH P. KERWIN, M.D. (CAPTAIN, MC, USN, RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos