Era o maior de seis fillos de Thomas Aspdin (ou Aspden), un albanel que vivía en Hunslet, distrito de Leeds, Yorkshire. Incorporouse ao negocio do seu pai e casou con Maria Fotherby o 21 de maio de 1811.[1]
En 1817 instalou o seu propio negocio no centro de Leeds. Experimentou coa fabricación do cemento durante os anos seguintes, porque o 21 de outubro de 1824 concedéronlle a Patente Británica BP 5022 titulada Unha Innovación no Modo de Producir unha Pedra Artificial, a cal el designou co termo "Cemento Portland".
En 1825, en sociedade cun veciño de Leeds, Guillermo Beverley, construíu unha planta de produción para este produto en Kirkgate, Wakefield. Beverley permanecía en Leeds, pero Aspdin e a súa familia mudáronse a Wakefield (a 9 millas).
Obtivo unha segunda patente, para un método de fabricar cal, en 1825. A planta de Kirkgate foi pechada en 1838 despois dunha expropiación de terras pola Compañía Ferroviaria Manchester e Leeds. Logo Aspdin moveu o seu equipo a un segundo sitio próximo, en Kirkgate.
En 1844 Joseph retirouse, transferindo a súa parte do negocio a seu fillo James. James moveuse para un terceiro sitio en Ings Road en 1848, e esta planta continuou en operación até 1900. Joseph Aspdin faleceu o 20 de marzo de 1855, na súa casa en Wakefield.
Notas
↑Leeds Parish Church, Marriage register, Page No 208, for May 21, 1811
Véxase tamén
Bibliografía
A. J. Francis, The Cement Industry 1796-1914: a History,David & Charles, 1977, ISBN 0-7153-7386-2
P. C. Hewlett (Ed)Lea's Chemistry of Cement and Concrete: 4th Ed, Arnold, 1998, ISBN 0-340-56589-6, Chapter 1