Josefa Barreiro González, nada no Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1910 e finada no mesmo concello o 19 de marzo de 1937, foi unha sindicalista e guerrilleira galega.
Traxectoria
Gañou a vida dende pequena traballando de criada. Casou con José Tobío e alugaron unha casa no barrio da Torre. Grazas á súa tía Otilia tomou contacto co sindicato da CNT de Trabanca Badiña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou na súa casa a Urbano Tarrío Montero. O 17 de marzo de 1937 entrou na casa unha cuadrilla de falanxistas baixo o mando de Mouriño. Mataron alí mesmo a Urbano Tarrío e levaron a Josefa á sede de Falange onde foi torturada. Foi asasinada o 19 de marzo “como incursa en un delito de guerra”. Foi soterrada nunha fosa común do cemiterio municipal de Vilagarcía.[1]
Vida persoal
Casou con José Tobío e foi pai de Julio e Valentín Tobío Barreiro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía