Josef Tuusi Motzfeldt,[1][2] nado en Igaliku o 24 de novembro de 1941, é un político groenlandés de ascendencia inuit e alemá. Foi Ministro de Finanza e de Asuntos Exteriores no goberno de Groenlandia de 2009 a 2013. Durante a súa carreira política, Motzfeldt foi presidente do Consello Nórdico Occidental, foi membro do Parlamento de Groenlandia, dirixente do partido Inuit Ataqatigiit e Presidente de Parlamento. A súa filla é Nukâka Coster-Waldau, unha actriz e cantante groenlandesa.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos