José Meleiro Fernández, nado en Celanova o 13 de marzo de 1891 e finado o 2 de xullo de 1976, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
Farmacéutico de Celanova. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Celanova en 1926.[1] O 19 de marzo de 1927 recibiu unha homenaxe popular en Celanova.[2] Cesou en 1930. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro, sendo o candidato máis votado.
Vida persoal
Casou con Carmen Reza Ulloa.
Notas
- ↑ El Heraldo Gallego, 7-11-1926, p. 15.
- ↑ La Región, 22-3-1927, p. 1.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas