Jorge González-Redondo Serrano, nado cara a 1892 e finado en Mondoñedo o 7 de abril de 1953, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Propietario e comerciante. Foi presidente da Asociación Juventud Tradicionalista en 1912, concelleiro e deputado provincial, e un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917. Foi líder local da Unión Patriótica e director do seu órgano de propaganda, Renovación. Foi vocal da Comisión Organizadora do somatén da 8ª Rexión no Partido de Mondoñedo e alcalde de Mondoñedo nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e tras a destitución da corporación republicana, foi o primeiro alcalde de Mondoñedo nomeado pola autoridade militar dende o 23 de xullo.[1] Posteriormente foi concelleiro de tenente de alcalde de Mondoñedo. Finou en Mondoñedo en 1953 con 60 anos.[2]
Vida persoal
Casou con María Luisa Maseda Corbal e foi pai de Jorge, María Luisa, Vicente, María de los Remedios, José María, Emilia, María del Carmen, Antonio, Jaime, Victoriano, Luís, Ana María, Inmaculada e Alfonso Carlos González-Redondo Maseda.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas