Jordi Borràs i Abelló, nado en Barcelona en 1981, é un ilustrador e xornalista gráfico catalán. É irmán de Enric Borràs e sobriño de Xavier Borràs.
Traxectoria
É graduado superior en Ilustración pola Escola Massana. Está especializado en cuestións sociais no campo do fotoxornalismo. É membro do Grup de Periodistes Ramon Barnils.
Traballa como reporteiro gráfico independente para diferentes medios de comunicación de ámbito catalán, tales que Nació Digital, La Directa, Crític ou El Singular Digital. Centra o seu interese informativo nas formacións de extrema dereita presentes en Cataluña[1].
A nivel internacional, ten publicado fotografías en The Guardian, na revista Hope Not Hate e de maneira regular na axencia Demotix, así como en medio estatais españois.
Obra
- Warcelona, una història de violència(Pol·len Edicions, 2013).
- Plus ultra. Una crònica gràfica de l'espanyolisme a Catalunya (Pol·len Edicions, 2015).
- Desmuntant Societat Civil Catalana (Edicions Saldonar, 2015)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas