Joe Henry Engle, nado en Abilene (Kansas) o 26 de agosto de 1932 e finado o 10 de xullo de 2024, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-2 e STS-51-I. Pasou un total de 9,35 días no espazo.[1][2][3]
Traxectoria
Engle graduouse en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Kansas en 1956, mesmo ano no que entrou na escola de voo da Forza Aérea dos Estados Unidos. Foi seleccionado pola NASA como astronauta en marzo de 1966. Foi o piloto de reserva do módulo lunar da misión Apollo 14 e foi asignado á misión Apollo 17 antes de que os recortes produciran cancelacións de misións posteriores e movemento de tripulacións. Finalmente participou como comandante nas misións STS-2 e STS-51-I e pasando un total de 9,35 días no espazo.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos