Joaquín Óscar Alarcón Larrivey, nado en Gualeguay (Entre Ríos) o 20 de agosto de 1984, é un futbolista arxentino que xoga na demarcación de dianteiro centro. Actualmente xoga no Baniyas SC dos Emiratos Árabes Unidos.
Traxectoria
Debuta profesionalmente na Arxentina co CA Huracán, equipo co que ascendeu a primeira división en 2007, a mediados dese ano foi traspasado ao Cagliari Calcio italiano. Porén neste equipo non chega a ter continuidade polo que sae cedido, primeiro ao CA Vélez Sarsfield e despois ao CA Colón de Santa Fe, finalmente rescinde o seu contrato co Cagliari en 2012 e tras un paso breve polo Atlante FC de México ficha polo Rayo Vallecano por unha tempada[1]. No equipo español fai unha segunda parte do campionato espectacular marcando 12 goles, polo que chama a atención de varios equipos. En xuño de 2014 fichou polo Celta de Vigo[2].
Palmarés
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas