Jesús García Vázquez, nado en Arzúa, é un político galego.
Traxectoria
Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da Unión de Centro Democrático á alcaldía de Arzúa e foi elixido alcalde cos votos do seu partido. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou unha candidatura independente e volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e volveu ser elixido alcalde. Renunciou ao cargo en xaneiro de 1989 por motivos profesionais.[1] Foi substituído polo concelleiro cabeza de lista do PPdeG, Manuel Moscoso López.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 29-1-1989, p. 27.
Véxase tamén
Outros artigos