Jeanne (cráter)

Accidente xeográfico extraterrestreJeanne

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
TipoCráter de impacto Editar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoVenus Editar o valor en Wikidata
EpónimoJeanne Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas40°06′N 331°30′L / 40.1, 331.5 Editar o valor en Wikidata
Diámetro19,4 km Editar o valor en Wikidata
CuadránguloSedna Planitia quadrangle (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa topográfico de Venus. Proxección equirectangular. Área representada: 90°N-90°S; 180°W-180°E.
Identificadores
GoPN2813 Editar o valor en Wikidata

Jeanne é un cráter de impacto da superficie do planeta Venus, situado exactamente nas coordenadas 40,1° N 331,5° E[1] O seu trazo máis característico é a forma triangular que ten o material expulsado do cráter, o que indica que probablemente o impacto fose oblicuo, cunha dirección suroeste-nordeste. O cráter está rodeado por dous tipos de materiais escuros. A área escura do suroeste está cuberta por uns suaves mantos de lava escura ó radar que están moi mesturados cos regueiros brillantes dos arredores. Por outra banda, a área moi escura que está cara ó nordés está cuberta cun material moito máis fino, posiblemente sedimentos de gran fino. Este halo escuro é moi asimétrico, imitando así ó material expulsado durante o impacto. Este halo escuro puido se-lo resultado do 'shock' atmosférico ou da onda de presión que se produciu cando meteorito penetraba na parte baixa da atmosfera. Estas estruturas en forma de regueiros puidéronse formar polo material de gran fino expulsado do cráter e transportado por nubes turbulentas de gases, que se formaron xusto despois do impacto que orixinou o cráter. Tamén cabe a posibilidade de que se formasen polo fundido de rochas debido ó calor xerado polo impacto.[2]

Notas

  1. USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Jeanne on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 12-12-2011. 
  2. JPL/NASA (ed.). "PIA00472: Venus - Impact Crater 'Jeanne'". Consultado o 12-12-2011. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!