James Patrick "Mash" Dutton, Jr., nado en Eugene (Oregón) o 20 de novembro de 1968, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-131. Pasou un total de 15,12 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
Dutton graduouse en enxeñería astronáutica na Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1991 e é máster na mesma materia pola Universidade de Washington en 1994.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en maio de 2004 e en febreiro de 2006 completou o adestramento de astronauta. Participou na misión STS-131, pasando un total de 15,12 días no espazo.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos