Iñaki Pérez Beotegi

Modelo:BiografíaIñaki Pérez Beotegi
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1948 Editar o valor en Wikidata
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 2008 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesWilson Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuskadiko Ezkerra
Auzolan Editar o valor en Wikidata
Membro de

Iñaki Pérez Beotegi, Wilson, nado en Vitoria en 1948, e finado en Vitoria o 11 de marzo de 2008 foi un activista político vasco militante de ETA.

Despois de pasar algún tempo a estudar en Inglaterra, onde traballaban os seus pais, uniuse a ETA-V Asemblea. Alí tamén participou en folga de fame en apoio dos xulgados no Proceso de Burgos e causou un incendio na embaixada española en Londres en 1970.[1] Volveu para o País Vasco, pero despois do secuestro de Lorenzo Zabala tivo que fuxir de novo, e, grazas ós seus coñecementos de inglés, foi o encargado de eido internacional de ETA.[2]

É considerado, xunto a'Argala, o cerebro da Operación Ogro, que foi o asalto contra Luis Carrero Blanco. Despois, pasouse a ETA pm e foi detido en Barcelona en 1975, con Jon Paredes Manot, grazas á información do infiltrado Lobo.[3] Pouco antes da amnistía de 1977 foi excarcerado e enviado para a Noruega con Xabier Izko de la Iglesia, Iñaki Múgica Arregi, Ezkerra, José Antonio Garmendia e Iñaki Sarasketa entre outros,[4] ata que a amnistía lle permitiu volver.

Unha vez incorporado á vida pública ingresa en Euskadiko Ezkerra, pero o 1983 e abandónaa e funda Auzolan con Iñaki Múgica Arregi, pero tras o fracaso recuou e dedicouse a industria da hostelaría. Morreu o 10 de marzo de 2008 en Vitoria tras unha longa enfermidade.

Notas

  1. (En castelán), O etarra que atentou contra Carrero Blanco, El Mundo, 12 de marzo de 2008. (data de acceso: 11-12-08)
  2. (En castelán) Base de datos de terroristas, (data de acceso: 11-12-08)
  3. (En castelán) Fallece 'Wilson', histórico de ETA atentó contra Carrero Arquivado 06 de outubro de 2008 en Wayback Machine., Noticias de Guipúscoa, o 12 de marzo de 2008. (data de acceso: 11-12-08)
  4. (En castelán) lzko e Garmendía, extrañados en Noruega, O País, 7 de xuño de 1977. (data de acceso: 11-12-08)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!