Iván Guerrero Seoane, nado en Ferrol o 31 de marzo de 2001, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Bergantiños, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
Comezou a xogar ao fútbol sala na canteira do Parrulo do seu Ferrol natal e máis tarde cambiou ao fútbol herba, pasando polas categorías inferiores da SD O Val e do Racing de Ferrol.[1] Aos 14 anos chegou ao Deportivo da Coruña, no que militou durante as seguintes sete campañas, comezando no equipo cadete. Na tempada 2020/21 subiu ao Fabril e debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido ante o Numancia no Nuevo Los Pajaritos, onde o adestrador Rubén de la Barrera lle deu entrada na segunda metade, como substituto de Jorge Valín.[2]
No verán de 2022 deixou o Deportivo e asinou como novo xogador do Ourense CF, da Segunda División RFEF. Militou no club ourensán durante unha tempada e media, ata que en xaneiro de 2024 fichou polo Bergantiños, da Terceira RFEF.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas