Irene Pin, nada en 1995 en Lugo, é unha directora, realizadora, poeta, música e investigadora galega.
Traxectoria
Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en estudos da literatura e da cultura. Os seus traballos audiovisuais enmárcanse no ámbito do cinema experimental, da videocreación e do documental, enfocados desde unha perspectiva ecofeminista. Como poeta ten colaborado na revista Grial[1] e como música é a baixista do grupo Poesía Canalla.[2]
Obra
- Fronteiras do humano (2011)
- Meus ollos firen (2014)
- Querido Godot (2015)
- Condición 5 (2015)
- Declaración (2016)
- Ai, Pardiñas, dásme a vida! (2016)
- Non preciso ser salvada (2018)
- Nós, as desenfocadas (2019)
- San Finx 1960 (2019)[3]
Galardóns
- Gañadora no Obradoiro 5x5 Compostela do Festival Curtocircuíto por Condición 5 (2015)[4]
- Primeiro premio de Videocreación Siluetas Furtivas por Declaración (2016)
- Primeiro premio no III Festival de Cine da Roca por Ai, Pardiñas, dásme a vida![5] (2016)
- Premio á mellor produción dun minuto ou menos no Rabbit Heart Poetry Film Festival por Non preciso ser salvada (2018)[6]
- Premio na categoría de Videoensaio nos III Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual por Nós, as desenfocadas (2019)[7]
Notas