Inxeba |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Inxeba |
---|
Director | John Trengove |
---|
Produtor | Elias Ribeiro Cait Pansegrouw |
---|
Guión | John Trengove Thando Mgqolozana Malusi Bengu |
---|
Intérpretes | Nakhane Touré |
---|
Música | João Orecchia |
---|
Fotografía | Paul Ozgur |
---|
Montaxe | Matthew Swanepoel |
---|
Estrea | Festival de Sundance: 22 de xaneiro de 2017 |
---|
Duración | 88 minutos |
---|
Orixe | Suráfrica Francia Alemaña[1] |
---|
Xénero | Drama |
---|
Recadación | $30 678 (USA)[2][3] R598 571 (Suráfrica)[4] |
---|
Na rede |
---|
|
Inxeba[5] (do xosa: "ferida") é un filme surafricano de 2017 dirixido por John Trengove.[6] Estreouse na Competición de Cine Dramático do Mundo no Festival de Cinema de Sundance de 2017[7] e na sección Panorama do Festival de Cine de Berlín.[8] O filme abriu o Festival Internacional de Cine LGBT de Tel Aviv en 2017.[9] Foi escollido como candidato de Suráfrica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios,[10][11] pasando á lista de preclasificados de decembro,[12] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
A historia conta unha relación oculta entre dous homes no contexto do ritual de iniciación xosa do Ulwaluko.[13][14] Xolani, obreiro dunha fábrica, únese aos homes da súa comunidade na cerimonia anual nas montañas do Cabo Oriental. Ademais de servir de mentor dos iniciados, Xolani agarda o evento xa que lle brinda a oportunidade de restablecer a súa relación sexual e romántica con Vija. Cando Xolani é asignado como mentor de Kwanda, un mozo de Johannesburgo, axiña se decata de que Kwanda tamén é homosexual, e Kwanda pronto descobre a natureza da relación entre Vija e Xolani. Axiña xorden tensións entre os tres.[15]
Personaxes
- Nakhane Touré como Xolani
- Bongile Mantsai como Vija
- Niza Jay Ncoyini como Kwanda
- Siphosethu "Seth Singer" Ngcetane como Nkosi
- Loyiso Lloyd N Ngqayana como iniciado de Vija
- Sibabalwe Esbie Ngqayana como Zuko
- Halalisani Bradley Cebekhulu como Lukas
- Inga Qwede como Ncedo
Notas
- ↑ "The Wound (2017)". Unifrance. Consultado o 16 de outubro de 2017.
- ↑ "The Wound". Box Office Mojo. IMDb. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2017.
- ↑ "Inxeba (2017)". The Numbers. Nash Information Services. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 21 de outubro 2017.
- ↑ O'Reilly, Athena; Madibogo, Julia (8 de febreiro de 2018). The Sowetan, ed. "Inxeba cast members moved to safe house amidst security threats". Tiso Blackstar Group. Consultado o 21 de outubro de 2017.
- ↑ Tjiya, Emmanuel (30 de xaneiro de 2018). The Sowetan, ed. "‘Inxeba’ (The Wound) film review". Tiso Blackstar Group. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ TFL Extended (ed.). "The Wound". TorinoFilmLab. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 21 de decembro de 2016.
- ↑ Erbland, Kate (30 de novembro de 2016). IndieWire, ed. "Sundance 2017 Announces Competition and NEXT Lineups, Including Returning Favorites and Major Contenders". Penske Business Media. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ Press Office (20 de decembro de 2016). "Berlinale Panorama 2017: The Wound Selected to Open Panorama's Main Programme / Focus on "Black Worlds" and "Europa Europa"". Berlin International Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2016.
- ↑ TLVFest (ed.). "The Wound". Tel Aviv Cinematheque. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017.
- ↑ Blignaut, Charl (1 de outubro de 2017). Channel24, ed. "Xhosa initiation film Inxeba (The Wound) selected as South Africa’s Oscars bid". News24. Consultado o 1 de outubro de 2017.
- ↑ Vourlias, Christopher (1 de outubro de 2017). Variety, ed. "South Africa Enters ‘The Wound’ in Foreign-Language Oscar Race". Penske Business Media. Consultado o 1 de outubro de 2017.
- ↑ Pond, Steve (14 de decembro de 2017). TheWrap, ed. "Oscars Foreign Language Shortlist Includes 'The Square,' 'A Fantastic Woman'". Consultado o 14 de decembro de 2017.
- ↑ "Mdoda, Anele (29 de agosto de 2017). "Lynn Forbes & Nakhane". Real Talk with Anele. Tempada 3. Episodio 103. YouTube. SABC 3. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ "Outcry Over Reclassification of Inxeba". The Callsheet. 14 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2018.
- ↑ Sobczynski, Peter (16 de agosto de 2017). "The Wound". RogerEbert.com. Ebert Digital LLC. Consultado o 6 de abril de 2018.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas