Invercargill (Waihōpai en maorí) é a cidade máis ó sur e máis ó oeste de Nova Zelandia, situada na parte inferior da Illa Sur. A poboación da cidade era de 50.328 persoas no censo de 2006.
A cidade está situada na rexión de Southland, na beira do río Oreti.
Desta cidade son algunhas das máis importantes estrelas do rugbyneozelandés, como Mils Muliaina e Jeff Wilson, e tamén o ex Primeiro Ministro de Nova Zelandia Joseph Ward, que gobernou o país entre 1906 e 1912, e despois de novo entre 1928 e 1930. Tamén é de Invercargill a actriz Vanessa Stacey, coñecida polo seu papel na serie The Tribe.