Intolerable Cruelty é un filme estadounidense escrito, producido e dirixido por Joel Coen e Ethan Coen que se estreou no 2003.
Sinopse
Miles Massey (George Clooney) é un famoso e rico avogado especializado en casos de divorcio. Porén, malia o seu brillante historial profesional atópase nunha situación na que o tedio se apoderou del e precisa novos retos. Todo cambia cando Miles coñece a alguén coma el: a multi-divorciada Marilyn Rexroth (Catherine Zeta-Jones), especializada en matrimonios en serie, que está a piques de divorciarse dun cliente de Miles, Rex Rexroth, un rico construtor. Marylin ten a Rex entre a espada e a parede grazas ó traballo realizado por Gus Patch, un investigador privado. O que ela busca é desfrutar da independencia económica que lle proporcionará o divorcio, pero grazas ó traballo de Miles, quedará sen nada.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas