Into the Okavango é un filme documental de 2018 escrito, dirixido e producido por Neil Gelinas para National Geographic.[1][2] É unha coprodución entre os Estados Unidos de América, Botswana, Angola, Namibia e Suráfrica. Céntrase nun equipo de exploradores que realizan unha expedición de catro meses a longo do río Okavango por Angola, Botswana e Namibia até o delta do Okavango.[3][4] Rodouse principalmente en Angola e Botswana. Estreouse o 22 de abril de 2018 e gañou o recoñecemento da crítica pola súa representación da vida salvaxe.[5] Tamén se proxectou en de festivais internacionais de cinema e gañou varios premios e nomeamentos.[6]