Internados indíxenas dos Estados Unidos de América

Alumnos da Escola Industrial India de Carlisle, Pennsylvania, c. 1900

Os internados indíxenas, tamén coñecidos como escolas residenciais indíxenas, estabelecéronse nos Estados Unidos dende mediados do século XVII até comezos do século XX co obxectivo principal de "civilizar" ou asimilar culturalmente os nenos nativos americanos na cultura angloamericana. No proceso, estas escolas denigraron a cultura dos nativos americanos e fixeron que os nenos abandonasen as súas linguas e relixión.[1] Ao mesmo tempo, as escolas proporcionaban unha educación occidental básica. Estes internados foron estabelecidos por primeira vez por misioneiros cristiáns de varias confesións. Os misioneiros foron a miúdo aprobados polo goberno federal para iniciar tanto misións como escolas en reservas,[2] especialmente nas áreas pouco poboadas do oeste do país. Especialmente a finais do século XIX e principios do XX, o goberno pagou ás distintas confesións da Igrexa para ofrecer educación básica aos nenos nativos americanos nas reservas, e máis tarde estabeleceu as súas propias escolas nas reservas. O Bureau of Indian Affairs (BIA) tamén fundou internados adicionais fóra das reservas. Do mesmo xeito ca as escolas que ensinaban inmigrantes falantes doutras linguas, o plan de estudos baseábase no imperialismo lingüístico, o movemento de “só inglés” e a asimilación forzada imposta mediante castigos corporais. En ocasións, estes programas atraían nenos de diversas tribos. Ademais, as ordes relixiosas estabeleceron escolas fóra das reservas. En outubro de 2024, o presidente dos Estados Unidos Joe Biden presentou unha desculpa oficial en nome do goberno federal polos abusos sufridos nestes internados.[3]

Os nenos normalmente estaban inmersos na cultura angloamericana das clases altas. As escolas obrigaron a eliminar os significados culturais indíxenas: cortar o pelo dos nenos, facerlles vestir uniformes de estilo americano, prohibirlles falar as súas linguas maternas e substituír os seus nomes tribais con nomes en lingua inglesa (nomes de santos baixo algunhas ordes relixiosas) para o seu uso nas escolas, como parte da asimilación e para cristianizalos.[4] As escolas eran normalmente duras, especialmente para os nenos máis pequenos que foran separados pola forza das súas familias e obrigados a abandonar as súas identidades e culturas nativas americanas. Os nenos ás veces morrían no sistema escolar debido a enfermidades infecciosas.[4] As investigacións de finais do século XX revelaron casos de abuso físico, emocional e sexual.[5]

Notas

  1. Mary Annette Pember, "Death by Civilization Arquivado 29 de xuño de 2022 en Wayback Machine.", 8 de marzo de 2019, The Atlantic, consultado o 12 de abril de 2021
  2. "What Were Boarding Schools Like for Indian Youth?". authorsden.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2002. Consultado o 8 de febreiro de 2006. 
  3. Bustillo, Ximena. "Biden to issue landmark apology over Native American boarding schools". NPR. Consultado o 25 de outubro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 Stephen Magagnini. "Long-suffering urban Indians find roots in ancient rituals". The Sacramento Bee. California's Lost Tribes. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2005. Consultado o 8 de febreiro de 2006. 
  5. "Soul Wound: The Legacy of Native American Schools". Amnesty International USA. Arquivado dende o orixinal o 2012-12-06. Consultado o 8 de febreiro de 2006. 

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Adams, David Wallace. Education for Extinction: American Indians and the Boarding School Experience, 1875–1928. Lawrence, KS: University Press of Kansas, 1995. review
  • Child, Brenda J. (2000). Boarding School Seasons: American Indian Families, Lincoln: U of Nebraska Press. ISBN 978-0-8032-6405-2.
  • Davis, Julie. "American Indian boarding school experiences: Recent studies from Native perspectives." OAH Magazine of History 15.2 (2001): 20-22. excerpt
  • Giago, Tim A. (2006). Children Left Behind: Dark Legacy of Indian Mission Boarding Schools. Santa Fe, NM: Clear Light. ISBN 978-1574160864. OCLC 168659123. 
  • Meriam, Lewis et al., The Problem of Indian Administration, Brookings Institution, 1928 (full text online at Alaskool.org)
  • Newland, Bryan (maio de 2022). Federal Indian Boarding School Initiative Investigative Report (PDF). Washington, D.C.: Office of the Assistant Secretary – Indian Affairs, U.S. Department of the Interior. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 11 de maio de 2022. 
  • Szasz, Margaret Connell. " 'I Knew How to Be Moderate. And I Knew How to Obey': The Commonality of American Indian Boarding School Experiences, 1750s-1920s" American Indian Culture and Research Journal 29#4 (2005): 75-94.
  • Warren, Kim Cary, The Quest for Citizenship: African American and Native American Education in Kansas, 1880–1935, Chapel Hill, NC: University of North Carolina Press, 2010.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!