O indusio é unha superficie membranosa ou pelosa presente nos fieitos que recobre os esporanxios[1]. A súa misión é protexer aos esporanxios das condicións ambientais desfavorables mentres as esporas non maduran. Unha vez que a formación das esporas rematou permiten a liberación das mesmas.
Xeralmente a forma do indusio é laminar, aínda que cada xénero pode ter a súa morfoloxía propia, podendo ter forma lanceolada, lineal, tubular, de ril... [2][3]
No que respecta á orixe do indusio, esta é epidérmica.