![]()
Situación das illas Kuriles no Pacífico occidental.
As Illas Kuriles[1] (en en ruso Кури́льские острова, /Kuril'skie ostrova/), esténdense en dirección noroeste dende Hokkaido, no Xapón, até Kamchatka, separando o Mar de Okhotsk do océano Pacífico Norte. Forman parte do óblast ruso de Sakhalin.
As illas tamén son coñecidas en xaponés como 千島列島 (/Chishima rettō/ Arquipélago das Mil Illas ou o クリル列島 - /Kuriru rettō/, Arquipélago Kuril).
Os ainus habitaron as illas dende tempos remotos até a súa expulsión polos rusos no século XVIII. O Xapón quedou con elas en 1875 (Tratado de San Petersburgo) a cambio de ceder Sakhalin a Rusia. Rusia reclamoullas tras a segunda guerra mundial (Tratado de San Francisco), pero o Xapón mantén a reivindicación sobre as catro illas máis meridionais, coñecidas no Xapón como Territorios do Norte (Conflito das Illas Kuriles).
As illas son famosas pola súa néboa. Son ricas en algas e mais en peixe. A illa máis setentrional, Atlasov, é un cono volcánico case perfecto.
Illas
Nesta táboa lístanse as illas Kurís en dirección Nordés-Suroeste (NE-SO). Alén destas illas existen unha ducia de illotes e penedos menores.
Nome ruso
|
Nome xaponés
|
Superficie en km²
|
Altura máx en m.
|
Latitude N
|
Lonxitude E
|
Grupo setentrional
|
Shumshu |
Shumushu |
388 |
189 |
50°45' |
156°20'
|
Atlasov |
Oyakoba |
150 |
2339 |
50°50' |
155°30'
|
Paramushir |
Horomushiru |
2053 |
1816 |
50°30' |
155°40'
|
Antsiferov |
Shirinki |
7 |
747 |
50°12' |
154°58'
|
Makanrushi |
Makanrushi |
49 |
1171 |
49°45' |
154°25'
|
Onekotan |
Onekotan |
425 |
1324 |
49°25' |
154°45'
|
Jarimkotan |
Harimukotan |
68 |
1157 |
49°05' |
154°30'
|
Ekarma |
Ekaruma |
30 |
1170 |
48°55' |
153°55'
|
Chirinkotan |
Chirinkotan |
6 |
742 |
48°58' |
153°30'
|
Shiashkotan |
Shasukotan |
122 |
934 |
48°50' |
154°05'
|
Grupo central
|
Raikoke |
Raikoke |
4,6 |
551 |
48°17' |
153°15'
|
Matua |
Matsuwa |
52 |
1446 |
48°05' |
153°10'
|
Rasshua |
Rasushua |
67 |
948 |
47°45' |
153°00'
|
Ushishir |
Ushishiru |
5 |
401 |
47°30' |
152°50'
|
Ketoy |
Ketoi |
73 |
1172 |
47°20' |
152°30'
|
Simushir |
Shimushiru |
353 |
1539 |
47°00' |
151°55'
|
Grupo meridional
|
Broutona |
Buroton |
7 |
800 |
46°43' |
150°45'
|
Chirpoy |
Cherupoi |
21 |
691 |
46°30' |
150°55'
|
Brat Chirpoyev |
Buratto Cherupoefu |
16 |
749 |
46°28' |
150°50'
|
Urup |
Uruppu |
1450 |
1426 |
45°50' |
149°55'
|
Iturup |
Etorofu |
3200 |
1634 |
44°50' |
147°50'
|
Kunashir |
Kunashiri |
1490 |
1822 |
44°05' |
146°00'
|
Shikotan |
Shikotan |
250 |
413 |
43°50' |
146°45'
|
Illas Jabomai |
Habomai |
97 |
45 |
43°30' |
146°05'
|
Notas
- ↑ VV.AA. (2007) Diciopedia do século XXI, p. 1177