A Illa de Trindade é unha illa volcánica situada a uns 1200 km da costa da América do Sur, pertencente ao estado brasileiro do Espírito Santo, que xunto con Martim Vaz e outras illas forman un arquipélago. Está protexida pola Mariña do Brasil e utilizada como base de investigacións científicas e meteorolóxicas. É un local protexido pola lei brasileira para a desova de tartarugas mariñas do océano Atlántico.