A illa de Santa Maria foi a primeira illa oficialmente descuberta do arquipélago dos Azores. Tamén foi a primeira en ser poboada. Foi descuberta por Diogo de Silves nunha viaxe de regreso desde Madeira no ano 1427.
A illa ten unha superficie de 97.4 km² e unha poboación de 6.500 habitantes. A capital da illa, Vila do Porto é a máis antiga das vilas dos Azores e aínda se poden atopar vestixios de casa antigas, que supostamente pertenceron ao seu primeiro capitán, con fiestras do século XV.
Santa María, é a única das illas do arquipélago con grandes proporcións de terras sedimentarias onde se poden atopar fósiles mariños.
Sitios de interese
- Almageiras: ao sur de Vila do Porto. Débelle o seu nome á baía Almageiras.
- Pico Alto: a maior cota de Santa María, cunha altura de 590 m.
Véxase tamén