Illa Ukerewe

Modelo:Xeografía físicaIlla Ukerewe
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión de Mwanza, Tanzania e Ukerewe, Tanzania (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLago Vitoria Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°01′57″S 33°00′27″L / -2.0325, 33.0075
Bañado porLago Vitoria Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.274 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións21 (ancho) × 47 (lonxitude) km
Superficie530 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Ukerewe (en inglés: Ukerewe island) é unha illa lacustre africana pertencente a Tanzania, a maior illa do lago Vitoria, a 5º maior illa lacustre do mundo e a maior illa interior de África, cunha superficie de aproximadamente 530 km².[1] Forma parte do Distrito Ukerewe, que se atopa a 45 km ao norte de Mwanza, á que está unida por transbordador,[2] e tamén dispón dun transbordador de vehículos máis curto que percorre 3´8 km e une a illa a través da canle Rugezi cun camiño de terra na beira oriental do lago, que se estende a Kibara e Musoma. O litoral da illa Ukerewe está formado por numerosas baías e está rodeado polo menos dunha ducia de illas menores. A súa comunidade máis grande é Nansio.

Vista das ribeiras da illa

A illa Ukerewe é coñecida por ter unha gran poboación de africanos con albinismo. Moitos dos primeiros que chegaron a vivir alí foron levados e abandonados na illa polas súas familias cando eran pícaros. Malia que comprende unha porcentaxe excepcionalmente alto da poboación da illa, seguen sendo, como en Tanzania, unha minoría oprimida.[3]

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!