A Igrexa dos Santos Xusto e Pastor é un templo católico que se atopa na localidade de Cuenca de Campos (provincia de Valladolid).[1] Está declarado Ben de Interese Cultural.
Descrición
Trátase dun edificio do románico mudéxar construído no século XVI.[1][2]
Unha porta alintelada precedida dun pórtico permite acceder ó templo a través dunha das tres naves e a da Epístola. Ditas naves atópanse separadas por columnas da orde xónica e as armaduras que as cobren considéranse as mellores da provincia en arte mudéxar.[1][2]
As zapatas das columnas que sosteñen o teito foron decoradas no renacemento con bustos representando ás virtudes.[1]
Na capela maior destaca o artesoado que a cobre pola súa lacería, policromado e piñas de mozárabes.[1]
O retablo, construído ó redor do ano 1580, conta con tallas dos santos Xusto e Pastor, entre outras atribuídas ó artista Pedro de Bolduque.[1][2]
A igrexa conta cunha torre de ladrillo de dous corpos. O inferior alberga unha capela cuberta por bóveda de crucería gótica.[2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Igrexa dos Santos Xusto e Pastor Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. pueblos-espana.org
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Igrexa de San Xusto e Pastor Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. tierradecampos.com